Hoxe os trasniños e as trasniñas festexamos o Samaín na escola; levábamos semanas preparándonos para esta festa que tanto nos gusta.
Queremos mostrarvos todo o que fixemos estas semanas no cole...
Xogamos coas letras para formar palabras, construímos na cortiza a palabra Samaín, cunhas fermosas cabazas, entre todas e todos fomos pensando que letra tiñamos que colocar.....
Adornamos as aulas con cabazas, pantasmas, morcegos, e tamén uns banderíns que fixemos nós pegando nun lazo laranxa as letras na orde correcta para compoñer a palabra Samaín, foi moi divertido xogar coas letras e descubrir as distintas palabras que podíamos formar se movíamos as letras de lugar...
Tamén xogamos cos números, contamos cabazas, asociamos o número á cantidade, traballamos a cadena numérica saltando na nosa alfombra, traballamos a retroconta, e creamos un código secreto para poder entrar na casa da bruxa. Este código secreto o pon o prota do día e todas e todos os que queiramos entrar na casiña embruxada, temos que marcalo no panel. Para todas estas actividades tivemos unha motivación especial, o felpudo da casa da bruxa que ten unha bruxa dentro que se rie cada vez que o tocamos!!!
Papirus pediunos que fixeramos para a biblio do noso cole unhas cabazas terroríficas para adornar o recanto da biblio onde el colocou para nós todos os contos relacionados co Samaín. Foi unha tarefa complicada porque Papirus deixounos unha cabaza para cada equipo e tivemos que organizarnos para traballar todas e todos xuntos e falar moito para chegar a acordos e tomar decisións conxuntas.
Facer as cabazas para Papirus gustounos tanto que os transiños propuxeron facer unha cabaza cada un para adornar a nosa clase.... E puxémonos, mans á obra.....
Descubrimos o xogo dos Monstros, co que reforzamos o coñecemento do dado, e as equivalencias. Xogamos de xeito vivencial cos gorros de monstros saindo a bailar tantos mostros como indicaba o dado, logo xogamos nas tarxetas colocando tantos ollos ao monstro como indicaba o dado e por último levamos o xogo ao papel.
Limos moitos contos de monstros, bruxas, barbudos, e un dos nosos contos favoritos "Corre corre cabaciña" do que decidimos converternos en protagonistas, e metémonos dentro da cabaza!!!
Falamos moito sobre os nosos medos e decidimos aproveitar a festa do Samaín para facer un conxuro para que marchara o medo.
Para que o noso conxuro funcionara precisábamos maxia.... e convertémonos en bruxas e bruxos para crear o conxuro.
Para poder levar a cabo o conxuro precisábamos cabazas do Samaín, pedimos cabazas ás familias e comezamos a baleiralas e a facerlle ollos nariz e boca!!!!
Coas cabazas listas e o conxuro ben aprendido, as profes fixeron maxia, no medio da mañá as aulas quedaron escuras; prendemos as candeas das cosas cabazas e recitamos o noso conxuro....
O conxuro funcionou as cabazas levaron os nosos medos e nós..... cantamos, bailamos, xogamos, merendamos.... Fixemos festa rachada!!!
Para que poidades festexar o Samaín na casa, deixámosvos a lista de reproducción das nosas cancións preferidas, onde poderedes cantar, bailar e tamén aprender lingua de signos!!!
E deixámosvos tamén El Baile del Esqueleto que tanto e tanto nos fixo bailar estes días e que é sen dúbida a nosa preferida
Grazas a todas e a todos pola vosa colaboración, foi un Samaín terroríficamente divertido no que aprendemos moito, moito, moito!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario