Cada trasniñ@ escolleu o seu conto favorito e fixemos unha foto con él. Despois baixo o lema DÍA DO LIBRO pegamos as nosas fotos na porta de Papirus para poder ensinarlla ás nosas familias. Mírade que chulo nos quedou.
Despois cada un compuxo o lema fixándonos moi ben na letra incial, na loxitude de cada palabra (curta. longa ou mediana) e o número de letras (dous, tres ou cinco), así ordenamos o título baixo o que colocamos a nosa foto co conto favorito. E o mellor e máis divertido de todo....
Por qué é o meu conto favorito?
Unha morea de respostas chulas e divertidas encheron as nosas aulas:
- porque es el que me lee mamá por la noche
- porque me gusta cuando Cocorico de come todo el biscoito
- porque me hace reír
- porque lo tengo en mi casa
- porque saen moitos animais
Para rematar este día tan tan especial decoramos un marcapáxinas que o equipo de biblioteca do noso cole preparou con moito agarimo. Quedóunos xenial!!!!
Disfrutade do día internacional do libro hoxe e sempre, e recordade que a lectura é a fábrica da imaxinación (Jairo Gomelsky).



Ningún comentario:
Publicar un comentario