26 de marzo de 2021

Fin do segundo trimestre

Chegamos ao final do segundo trimestre, nestes tres meses os trasniñ@s traballaron moitísimo; xuntos e grazas ás misións de Papirus descubrimos unha morea de cousiñas coas que podemos axudar a ter un mundo mellor. 

Hoxe levamos para casa  unha pequena plantiña que naceu dunha faba envolta en algodón e metida no envase dos nosos iogures da merenda dos mércores. Con cariño a coidamos para que xermolara e crecera, a puxemos ao sol e démoslle de beber cando tiña sede. 







Este é o resultado de todo o seu esforzo e dedicación, coidadea moito. As profes estamos moi moi moi orgullosas de todos e todas os trasniñ@s. 


Desfrutade destas merecidas vacacións. 

Biquiños!!!!!

Ningún comentario: