18 de febreiro de 2021

MISIÓN 4: RECICLAMOS

 Vaia regreso de Entroido máis emocionanate tivemos os trasn@s!!! Papirus enviounos un novo vídeo e con el unha nova misión. Estade moi atent@s ao que pasou....





Pois sí, escoitastedes ben, hai moita xente que non separa o lixo, e se non o separamos non o podemos reciclar para reutilizar.


O noso amiguiño Papirus propúxonos un reto moi moi complicado, un reto que soamente os SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS COMPROMETIDOS CO NOSO PLANETA ían ser quen de levar a cabo... 

Cada equipo colleu a sua bolsa, nelas había tapóns de plástico, envases de iogur, anacos de patacas fritidas, botes de xabrón... unha morea de lixo, todo todo mesturado.






Pouquiño a pouco fomos colocando cada cousiña no seu colector...

No amarelo os envases e latas pero tamén o papel de aluminio que ás veces traemos ao cole co bocata.

No azul o papel e cartón, pero soamente cando está limpiño, como o de pintar ou de secar as mans.

No verde botamos os restos de alimentos, como as mondas de froita ou restos de galletas, pero tamén todo o que non se pode reciclar, como o papel de soar os mocos, as toalliñas húmidas ou as máscaras cando xa temos que desbotalas.

Ao rematar de separar o lixo fomos conscientes de que no colector verde, que contén as cousas que van para queimar ou para os vertedoiros había pouco lixo, e sen embargo os colectores azul e amarelo onde puxemos as cousas que se podían reciclar estaban moi cheos!! Se separamos conseguiremos que o lixo que non se pode reciclar disminúa e o noso planeta estará máis limpo!!!


Fíxemolo tan tan ben que Papirus nos entregou un novo selo para o noso carné. Agora temos que practicar moito na casa e no cole e contarlle a todos os nosos amig@s a importancia de separar o lixo. 


Ningún comentario: