O vindeiro sábado celébrase o Día escolar pola non violencia e a paz, os trasniños e as trasniñas sabemos que podemos facer moitas cousas para traballar en prol da paz... dicir as cousas con cariño, xogar sen molestar, dar apertas e aloumiños, compartir...
E como estamos comprometidos co noso planeta, decidimos incluír nese compromiso a paz, xa que, estamos convencidos de que con paz o noso planeta sería un lugar moito mellor.
Queredes ver como plasmamos ese compromiso?? pois mirade...
Ademais estes días estamos aprendendo a canción "O veleiro verde" que forma parte do libro disco do mesmo título creado por María Fumaça e editado por Galaxia, deixámosvos aquí un video da canción por se queredes cantar e bailar na casa, e como está interpretada en lingua de signos podemos cantala tamén coas mans!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario