Hoxe queremos recordar as formas xeométricas traballadas no cole, a súa identificación, o seu nome, a súa forma e a súa representación. Estableceremos relacións de pertenza a un conxunto (tres lados, catro lados), e definiremos elementos pola negación (non ten catro lados, non é grande)
A primeira misión consiste en coller un folio no que debuxaremos aleatoriamente cadrados, círculos, rectángulos e triángulos, grandes, pequenos, medianos....
Nun lado colocamos as catro formas xeométricas separadas do resto, os trasnos teñen que escribir o nome da forma xeométrica e colorear cada forma dunha cor.
Atendendo a cor que escolleron para cada forma xeométrica deberán pintar o resto de figuras xeométricas do papel (os cadrados de vermello, os círculos de amarelo....)
Cando o teñamos listo, tentaremos atopar unha forma concreta. Poñemosvos exemplos con esta distribución de formas, pero como cada un pode facer e debuxar as formas xeométricas como máis lle guste, cada un poderá pensar as preguntas específicas para a sua distribución:
Son pequeno e teño catro lados igualiños, sabes quen son?
Non son grande nin pequeno e teño tres ladiños, quen son?
Son o máis pequerrechiño e non teño nin un ladiño, quen son?
Despois pola parte de atrás intentaremos que debuxen soíños círculos, cadrados, rectángulos e triángulos. Queredes compartílo con todos e todas??
Veña, esperamos as vosas formas xeométricas!!!!
Aquí vos deixamos as creacións tan fantásticas que estamos recibindo, noraboa familias!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario