12 de maio de 2020

Formamos decenas

Coa actividade de hoxe reforzaremos o concepto de decena. Na escola chegamos á conclusión de que cando tiñamos que contar unha grande cantidade de obxectos era mellor agrupalos para facer un conteo máis sinxelo que si o faciamos de xeito individual; e máis doado contar 10+10 que contar de 1 en 1, sobre todo cando estamos contando grandes cantidades, por exemplo cando pasamos lista, facémolo con nosos vagóns, en cada vagón caben dez trasniños, así a hora de contar facemos agrupamentos de dez en dez, por decenas. O agrupamento por decenas nos axuda a estructurar o pensamento matemático.

Para conseguilo primeiro recordamos que cando temos dez unidades (obxectos) temos unha decena, cando temos 10+10 unidades temos 20 unidades ou dúas decenas....


Agora sí, o primeiro que facemos é poñer MENOS DE 10 obxectos colocados aleatoriamente (sen seguir unha orde). Os trasniños teñen que contar cantos hai e responder a pregunta:

HAI UNHA DECENA? SI OU NON? POR QUE? (porque non hai 10 obxectos)

Unha vez conseguido pasamos ao segundo paso. Colocar 10 obxectos, nin un máis nin un menos. Eles contaran e responderan a pregunta:

HAI UNHA DECENA? SI OU NON, POR QUE? (porque hai 10 obxectos)

Na terceira fase colocaremos máis de 10 obxectos pero menos de 20. Temos que poder formar un grupo de 10 obxectos, unha decena, e que sobren unidades/obxectos sen completar outra decena. Preguntamos:

HAI UNHA DECENA? SI OU NON? POR QUE? CANTAS UNIDADES SOBRAN? 

Na última fase os trasniños teñen que ser quen de extraer decenas (facer agrupamentos de dez en dez), para iso colocaremos máis de 20 obxectos e preguntaremos:

CANTAS DECENAS HAI? POR QUE? CANTAS UNIDADES SOBRAN?


Ningún comentario: