Trasniños e trasniñas hoxe porpoñémovos crear un código secreto que nos servirá para escribir mensaxes encriptadas que ninguén máis poderá entender. Que vos parece a idea??
Para crear o noso código secreto precisamos papel lápiz e pinturas de cores.
Temos que asociar cada letra do abecedario a un debuxo tal e como vos indicamos:
A: NUBE
B: CÍRCULO
C: CAMISETA
CH: PEIXE
D: CARIÑA CONTENTA
E: DADO
F: GLOBO
G: FRECHA
H: RELOXO
I: LAZADA
J: BLOQUE
K: LENTES
L: SOL
LL: LÁPIZ
M: CADRADO
N: CORAZÓN
Ñ: LÚA
O: FLOR
P: TRIÁNGULO
Q: PEZA DE CREBACABEZAS
R: AMORODO
S: ESTRELA
T: BOLBORETA
U: ÁRBORE
V: CEREIXAS
W: OLLO
X: CARIÑA TRISTE
Y: CONTO
Z: PORCO
Podedes facer o voso código a modo de listado ou ben a modo de táboa coma este.

Co código rematado chega o momento de poder comprobar se funciona.... eres quen de descifrar as mensaxes secretas??
Agora precisamos que escribades o voso nome utilizando o noso código, tamén podedes escribirnos mensaxes secretas.... estamos desexando recibilas no noso mail!!!
Comezan a chegar as primeiras mensaxes! Noraboa trasniñ@s!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario