21 de maio de 2020

A urbanización do edificio dos números.

Nesta actividade traballaremos a motricidade, a ordenación, a asociación grafía cantidade, o número anterior e posterior, a secuencia numérica, a decena e a iniciación resta.

Para poder realizala precisamos pezas, rollos de papel  ou calquera cousiña que podamos apilar.

Listos? Comezamos.....

A primeira misión é construir os edificios dos números. O edificio do número 1 ten un piso, o edificio do número dous, dous pisos e así sucesivamente ata crear os edificios do 1 ao 6 (ou podedes crear ata o edificio do dez!!!)

Cando temos os edificios listos temos que ordenalos de menor a maior nun anaquiño de papel  escribiremos o número de pisos que ten cada un deles.

Despois descolocamos os edificios e asociamos cada tarxeta ao eficio correspondente, pero ATENCIÓN!! témolo que facer sen tocar, soamente mirando e canto máis rápido mellor.

Agora que dominamos as alturas dos edificios quitarémoslle un dos edificios ao chou, os trasnos teñen que averiguar que edificio é que desapareceu.

Na segunda misión temos que xuntar edificios para conseguir que entre eles teñan dez pisos, seremos quen? Para conseguilo temos que preguntar cantos pisos lle faltan a este edificio para ter 10 pisos? iremos agrupando edificios ata chegar ao máximo de pisos 10, sen pasarnos!!!!




Cantos edificios conseguimos formar? Cantos pisos ten o edificio que non pode unirse? Cantos pisos lle faltan para poder formar un edificio de 10 pisos?


Vaia edificios tan chulis chegan das vosas casas!!! Grazas por compartilos con todos e todas!!!

Ningún comentario: