16 de abril de 2020

Detectives polo edificio dos números

Trasniños e trasniñas, abride ben os ollos e as orellas hoxe temos unha misión de investigación dentro do noso edificio dos números.

A actividade serviranos para reforzar o coñecemento da serie numérica e das relacións e patróns que se establecen entre os números.

Preparadas e preparados? pois comezamos...

Para realizar a misión precisades a táboa do 100 que fixestes, e con moita atención dar resposta as seguintes preguntas:



- Que número vive no piso de arriba do 27?

- Que números forman a pandilla do 6?

- Cal é o número agochado entre o 56 e o 58?

- Que números son os veciños (anterior e posterior) do número 18?

- Se o número 73 dá tres saltos cara diante a que número chega??

- Se o número 15 dá tres saltos para atrás, a que número chega?

Tomando como exemplo estas preguntas podedes crear outras novas se vos apetece seguir xogando!

E se queredes complicar un pouco máis a misión, podedes tentar dar resposta a algunhas preguntas sen mirar na táboa como por exemplo...

Cales son os veciños do número 3?

Cal é o número que ten a súa casa entre o 11 e o 13??

Ánimo detectives!!! conseguirémolo!!!

Os nosos amigos Ana e Alexis atrevéronse a facer esta misión e deron resposta a todas as preguntas, moi ben campións!!!



Ningún comentario: