24 de abril de 2020

De paseo polo edificio dos números

Na misión de hoxe traballaremos o cálculo, a suma e a orientación espacial. Para poder resolvela con éxito precisamos o noso edificio dos números.

Dentro do edificio os números saíron de paseo, seredes quen de saber a onde chega cada número ( a que veciño vai visitar ) seguindo as pistas que nos deixou en forma de frechas?? 

O primeiro que temos que facer é colorear (ou poñer algún obxecto enriba) 7 casillas ao chou, da nosa táboa do 100. 

Despois nun folio debuxaremos esas 7 casillas, e ao lado de cada unha entre seis e dez instruccións de orientación espacial (frecha arriba, abaixo, dereita ou esquerda). A misión consiste en averiguar a que número chegamos en cada unha das situacións:

por exemplo comezamos na casilla 4, a azul, miramos as frechas e imos facendo o camiño que nos marca co dedo ou deixando obxectos enriba de onde imos pasando, para non despistarnos do camiño que estamos seguindo. 

tres para abaixo: 34
dous dereita: 36
dous abaixo: 56
dous dereita: 58

O número que buscamos é o 58!!!!



Animádesvos a ir de paseo polo edificio dos números?? adiante!!!


Ningún comentario: