19 de decembro de 2019

O nadal dos trasnos

Estas semanas previas ás vacacións de nadal os trasniños e as trasniñas estivemos moi atarefados.

Decidimos poñer a funcionar a nosa fábrica de contos e crear en cada aula un conto ambientado no nadal. Cada aula creou a súa historia e cada neno e nena creou o seu propio conto que escribiu, compuxo e ilustrou. O conto "Aventuras no Nadal" está rematado e o levaremos a casa para poder lelo todas e todos xuntos, ides alucinar cos pequenos e pequenas grandes artistas....



Colaboramos na creación da postal de nadal colaborativa do cole, dende o equipo de dinamización da lingua galega propuxéronnos que decoráramos uns cds para a postal conxunta e nós decidimos poñer nos discos reutilizados os personaxes do noso conto...




Creamos unha fermosa postal de nadal para as nosas familias con todo o noso agarimo, este ano o protagonista da postal é o Reno Rodolfo ou seremos nós??....



Decoramos as aulas e a escola e reutilizamos os cartóns do papel hixiénico para convertelos nun adorno para a nosa árbore de nadal....



Para rematar o trimestre vivimos unha xornada inesquecible, recibimos a visita de Melchor Gaspar e Baltasar!!

Os Reis Magos estiveron no cole para recoller as nosas cartas e facernos un doce agasallo.


Queremos agradecer a Asociación de Pais e Nais do noso cole o seu esforzo por achegarnos á escola a verdadeira maxia do nadal. Foi fantástico!!!


Bo Nadal para todas e todos!!!



Ningún comentario: