Pois..... xa estamos chegando ao final de 4 anos, así que esta semana tocóulle ser encargado ao noso derradeiro trasniño do tren dos cumples, Dani!!!
Dani trouxo un gran libro cheo de fotos dos mellores momentos dos seus catro anos de vida: cando era moi bebe, cando estaba de cumple, coa sua familia, xogando, coa sua moto....
Hoxe, por fin, chegou o día que tiñamos marcado no calendario; os seus pais, Tamara e Dani, e un dos seus irmáns Pablo, viñeron despois do patio para acompañarnos un ratiño.
Aproveitando que estamos traballando os castelos, e que o martes estivemos nun de verdade, Dani e a sua familia, traballaron moitísimo e trouxeron un castelo feito cunha caixa de cartón. Tiña ameas, ponte levadizo, bandeiras...
Tiñamos unha misión, deixar o castelo super chulo para poder abrir o tesouro que estaba agochado no seu interior; así que botamos pintura nos pratos e por quendas, co pincel ou co dedo cada un de nós pintou ou decorou un anaquiño do castelo "A pedra"; fixémolo moi amodiño, acariciando co pincel, ata que por fin... o noso castelo estaba rematado!!!!
Quedou chulísimo, así ben tiñamos gañado o tesouro; Dani e Pablo colleron a caixa do tesouro, abríronna moi amodiño e descobrimos unha morea de lambetadas: piruletas e lacasitos para todos e todas!!!
Foi un día fantástico, moitas grazas familia!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario