Nesta última semana de escola a quenda dos protagonistas na aula da profe María é para a nosa amiga Ashley; moi ilusionada comezou a súa semana especial e hoxe convidou á escola a Sandra a súa mami.
Con Ashley e Sandra descubrimos moitísimas cousas interesantes sobre Colombia, o país onde Sandra naceu e ao que van de vacacións cada ano.
Descubrimos a bandeira de Colombia coas súas tres cores o amarelo, o azul e o vermello. Miramos na pizarra máxica a ubicación de Colombia no para e puidemos ver que lonxe está de Bueu.. Ashley e Sandra contáronnos que para chegar ás veces hai que coller 2 avións e o voo dura 12 horas, todo o tempo por encima do océnano!!!
Coa axuda do ordenador puidemos achegarnos a Cali, a cidade de Colombia onde está a súa familia, paseamos polas súas rúas e fomos descubrindo o grande e chulo que é, as prazas, as casas, as igrexas, os monumentos.... pero sen dúbida o que máis nos gustou de Cali é o seu zoolóxico que ten moitísimos animais!!! E de todos eses animais Sandra e Ashley ensináronnos un vídeo sobre o tigre branco que hai no zooloxico de Cali...
Para rematar a xornada Ashley e Sandra repartiron uns fermosos portaretratos de cores que contiñan unha foto na que estamos todos e todas!!! Colocaron unha chea de pegatinas chulísimas no banco e convidáronnos a decorar ao noso gusto o portaretratos!! quedaron chulisimos!!
Moitas grazas pola visita! Cantas cousas aprendimos e que ben o pasamos!!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario