O noso amigo Abel foi o penúltimo encargado na aula da profe Cris; O venres Diana e Varo, os seus papis, estiveron no cole para explicarnos un pouquiño como era Abel, ensinarnos a sua vida en fotos e mostrarnos en que consistían os seus traballos.
Aproveitamos e coñecimos un pouquiño máis a Abel, vimos fotos coa sua madriña, de cando era bebe, tomando bibe ou de como desfruta nas piscinas dende que é moi moi pequeniño.
Varo trouxo unha morea de fotos do seu barco, dos atúns, tiburóns e peixes espada que cada día pescan no seu barco, e contounos que teñen unha rede tan tan grande que dentro collería todo o noso cole de infantil, alucinante!!!
Diana traballa nunha axencia de viaxes, ensinounos unha morea de sitios aos que van, ás veces de vacacións en familia, e outras ela soa por traballo; así van percorrendo moitos lugares do mundo. Nunha viaxe Diana tivo a gran sorte de coñecer a Micky e a Minie, así que aproveitou e contoulles que ía vir á clase dos trasnos e pediulles un debuxo para cada un de nós, vaia sorte que tivemos!!!
Antes de marchar contáronnos o conto de "el dinosaurio burlón"; a verdade é que foi un día estupendo; moitas grazas por todo familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario