1 de xuño de 2019

Xabier é o prota!!

Esta semana o noso amigo Xabier foi o protagonista na aula da profe María. COma un verdadeiro campión cumpliu coas tarefas e responsabilidades dos protas e ademáis quixo compartir con nós unha  actividade especial!!!

Nos xa sabiamos que a Xabier lle encantan os dinosaurios pero.... o que descoñecíamos é que é un verdadeiro experto e que sabe unha morea de cousas interesantes sobre estos animais que tanto nos atraen a todos e a todas.

Para falarnos sobre dinosaurios, Xabi convidou a súa mami Sara a compañalo no cole e entre os dous nos ensinaron moitísimas cousas interesantes dos dinosaurios a través dun dos libros favoritos de Xabi.

Ademáis Sara trouxo unha bolsa enorme chea de dinosaurios de xoguete para que pudieramos ver, tocar, escoitar e tamén asustarnos un pouco cos dinosaurios de Xabier.

E para rematar a actividade todas e todos puidemos levar a casa un debuxo dun Velociraptor que coloreamos e decoramos ao noso gusto!



Cantas cousas aprendimos e que ben o pasamos!!!

Ningún comentario: