Ademáis Laia e a sua mami contarónnos un conto chulísimo "Marcelina na cociña", unha xirafa que quere convidar a unha super cea a sua sobriña, pero como non sabe cociñar a cea é un desastre!!!!
Laia contounos que a sua mami é profe, de 25 nenos e nenas de 4 anos, e hoxe quixo ensinarnos algúns dos experimentos que fai na sua aula. O primeiro experimento foi con ovos, si si, con ovos dos das galiñas; Clara propuxo un reto, intentar romper o ovo agarrandoo moi forte: Laia chamou a varios nenos e nenas, mesmo chamou ás profes, apretamos forte, moi forte, xuntamos as nosas forzas, pero... non fomos quen de romper o ovo; cando pensabamos que era un ovo de mentira, Laia deulle un golpeciño pequeno e rompeu o ovo. Como era iso posible? Ao apretar o ovo faise moi forte, o punto do ovo no que aplicamos a forza é a solución; despois quixemos facer algo máis complicado, enriba de catro ovos colocaron uns contos e sabedes? subíron a varios nenos e nenas e os ovos non rompían!!!!! Xa veredes, probadeo na casa.....
Despois baixamos as persianas, apagamos as luces e.... o pai de Laia acendeu unha luz máxica, unha luz ultravioleta; dividímonos en tres equipos e fomos rotando as actividades; Tiñamos pinceis, pintura para as mans e rotus, todo era máxico porque aínda que as luces estaban apagadas, coa luz máxica que tiña Diego todo brillaba un montón. Fixemos verdadeiras obras de arte, debuxamos co pincel e algúns pintaron todo o brazo, despois encintilaba moitísimo. Para voltar á calma Laia ensinóunos unhas posturas de Ioga, a verdade é que lle saen super ben, nos practicaremos ata conseguilo!!! Moitas grazas por todo familia; pasámolo fenomenal!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario