19 de febreiro de 2019

Martín é o prota

Esta semana tocóulle o turno a Martín; hoxe a súa mami Ana, veu ao cole a pasar un ratiño con todos e todas.
Ana traballa na estación fitopatolóxica Areeiro e contounos que traballan coma se fosen doutores e doutoras, coidando as prantas para que medren fortes e sas; ensinounos algunhas prantas atacadas por hongos e como as teñen que coidar e tratar.

Para que cada un de nós, coidemos unha prantiña, Ana e Martín ensinároonos un vídeo de como sementar e unha poesía "a maceta". Propuxéronnos que cada un de nós fixéramos a nosa propia maceta, e claro.... aceptamos encatados!!!!



Martín repartiunos un vaso de iogur a cada un, e con pegatinas super chulis de ollos, bocas, corazóns, bolboretas..... decoramos e personalizamos a nosa maceta.

Nela botamos terra cunha culler; Cando o vasiño estaba casi cheo botamos as sementes e un pouquiño máis de terra ata encher o vaso.
Despois cun pulverizador mollamos a terra para regar a nosa pranta;


Cada un de nós levou a sua maceta para casa, agora temos de botarlle auga e poñela un pouquiño ao sol para que medre e lle saia "pelo".



Ningún comentario: