A mamá de Julia chámase Ángela e chegou ao cole cargada de cousas chulas. O primeiro que nos ensinaron foi un libro que contiña moitos contos de números, decidimos escoitar a historia do número 4 e do número 5 porque son os anos que temos. Que ben contaron os contos Julia e Ángela!!! encantounos cando Julia dicía GOOOOOOOOLLLLLLL!!!

Logo dos contos faláronnos do moito que lle gusta facer manualidades e ensináronnos unhas marionetas moi fermosas de animais que elas fixeron con cartolinas de cores e que utilizan para inventar e contar historias. Julia demostrounos que ben se lle dá iso de inventar e contar historias e usando as marionetas contounos unha moi fermosa.
Logo descubrimos a máquina misteriosa.... Ángela contounos que a máquina servía para facer troqueles con distintas formas e fíxo para nós unha demostración en directo, escollemos unha cartolina, un troquel entre todas as formas que había e puxémolo na máquina para observar abraiados como despois de darlle á palanca, a nosa cartolina saía cortada!! Flores, estrelas, corazóns, dentes de león, cegoñas... cada un de nós fixo a forma que máis lle gustou e ademáis diso, Julia e Ángela deixáronnos unha morea de troqueles xa feitos para que os poñamos no recanto dos artistas e os usemos na escola!!!

Para rematar Julia repartiu entre os seus compañeiros e compañeiras uns agasallos que fixo con moito cariño, uns colares cheos de cor que nos encantaron!!!
Foi unha chulada compartir con vos, pasámolo fenomenal!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario