7 de novembro de 2018

Mar é a prota!!!

Mar é a protagonista esta semana na clase da profe María, ademáis de pasar lista e facer de locomotora no noso tren, ensinounos fotos sobre a súa familia e sobre as cousas que lle gusta facer na pizarra máxica.

Para celebrar a súa semana especial Mar quixo convidar á súa familia á escola. Viñeron a súa nai María José, o seu pai Luis, o seu irmán Gabriel e Unai, o seu boneco preferido.

Que sorpresa levamos cando guiados por Mar saímos ao patio e atopamos un coche de policía!!! Un coche de policía de verdade!!! Guau.... e un policía de verdade, porque Luis, o papá de Mar é policía.  Puidemos ver o coche por fóra e por dentro e ata puidemos encender as luces e a serea.



Ademáis do coche descubrimos as linternas que usa a policía para regular o tráfico de noite que nos encantaron porque semellan as espadas da guerra das galaxias. Luis ensinounos algunhas das cousas que leva no seu cinto: os grilletes, a porra, o esprai... Falounos de que o traballo da policía ademáis de coller aos malos consiste en axudar ás persoas cando teñen algún problema e todas e todos sabemos agora que, se algún día o precisamos, podemos pedir axuda a un policía ou chamar ao 112.



Con Mar, María José e Gabriel fixemos o noso propio carnet de policía infantil coa súa placa!!! e logo nunha cartolina negra pegamos a nosa foto ben grande e sobre as nosas cabezas unha fermosa gorra de policía, ademáis trouxeron para todas e todos pegatinas dos cans, coches, motos que ten a policía...

Como mola ser policía!!!

Encantounos a visita e pasámolo fenomenal!!!!



Ningún comentario: