16 de novembro de 2018

Laura é a prota

Hoxe tivemos visita na escola, estivo con nós Silvia, a nai da nosa prota desta semana que foi Laura.

Silvia chegou á escola moi ben acompañada, traía con ela a Tapi, un personaxe moi especial para Laura e para toda a súa familia dende que o coñeceron nas súas vacacións a Lanzarote.

Laura e Silvia ensináronnos un fermoso album de fotos das súas vacacións en Lanzarote. Polas fotos coñecimos ao papá de Laura que se chama Kiko e a Blanca, a irmá maior de Laura que ten oito anos!!!

Descubrimos o moito que lle gusta a Laura nadar e saltar á piscina e coñecimos a Tapi, a mascota do hotel. Tapi ten unha canción moi marchosa que Laura e a súa familia bailaron nas súas vacacións, a nós gústannos moito cantar e bailar así que puxemos a canción na pizarra máxica e aprendemos o baile de Tapi.

Para rematar Laura repartiunos uns debuxos de Tapi que pintamos con moito cariño.

Moitas grazas chicas!! Pasámolo fenomenal!!!







Ningún comentario: