Este venres despois do patio, recibimos aos nosos convidados especiais na asamblea, Dani e María contáronnos que hai dúas cousas que lles gustan moito e que comparten: debuxar e os contos.... e iso trouxeron á escola na súa bolsiña!!!
O primeiro que nos mostraron foi una cartolina moi grande na que nos contaron que fixeran entre os dous un debuxo, primeiro con lápiz e logo repasando con rotu... que sopresa levamos porque ao desplegar a cartolina descubrimos que o debuxo era do noso cole!!! que chulada!!! as portas, o patio, as ventanas, a cheminea... e ata o polbo Papirus!!! Decidimos pintar o debuxo entre todas e todos...Na bolsa traían tamén tres contos que son para eles moi especiais, dous de eles eran contos para escoitar porque dentro traen un cd que nos conta o conto!! Puxemos o cd no ordenador e escoitamos a historia dos Catro amigos. Encantounos o conto e tamén as cancións!!!
Logo Dani e María contáronnos El mounstruo Rosa, un fermoso conto no que descubrimos a historia dun enorme Mostro de cor rosa que era diferente a todos os demáis, encantounos!!! e puxémonos moi contentos cando María nos explicou que o conto é un agasallo para a biblioteca da escola, dos que imos poder levar para casa!!!
Foi unha chulada pintar, ler, escoitar, compartir e coñecervos mellor!
Moitas grazas familia pasámolo fenomenal!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario