4 de outubro de 2018

Lola é a prota

Durante toda semana na aula de 4 anos B a protagonista está sendo Lola. O primeiro día trouxo un pen con fotos, ensinóunos como era de pequena, presentounos aos seus papis, a súa irmá Carmen e o resto da familia. Tamén vimos o ben que o pasa na praia e na piscina e o moito que lle gustan os cabalos. Este mércores os seus pais viñeron ao cole e ensináronnos unha morea de cousas!!!!



Héctor é podólogo e Lourdes ortoprotésica e trouxeron o esquelete dun pé, era unha pasada, moitos nunca antes viramos un esquelete!!!! nel contamos os ósos dos pes e descubrimos que temos 29; tamén aprendimos os nomes dos dedos, non sabiamos que tiñan un nome diferente aos dedos das mans; o máis difícil foi o gordiño que se chama Hallux ou primeiro, o resto foron más doados, segundo, terceiro, cuarto e quinto



O momento máis divertido foi cando quitamos os zapatos e os calcetíns para debuxar a pegada do noso pé grazas ao pedígrafo que troxeron, unha máquina que serve para pintar e debuxar as pegadas poñéndonos enriba dela. Quedamos alucinados ao ver o noso pé pintado no papel.
Foi unha experiencia fantástica!!!

Ningún comentario: