Durante os 5 días da semana é o encargado de pasar lista, riscar no calendario o día no que estamos, chamar aos compañeiros e compañeiras para escoller as pinzas, ir de primeiro na fila.... unha morea de responsabilidades!!!
Para celebrar a súa semana especial na escola convidou a súa mami, Carol a pasar un anaquiño con nós.
Alejandro e Carol trouxeron un usb que conectaron ao ordenador e todas e todos piudemos ver unha fermosa presentación sobre as súas vacacións en Tenerife onde visitaron o Loro Parque!!!
Ademáis de ver as fotos que fixeron dos animais que alí se atoparon, tamén nos contaron unha chea de cousas interesantes e ensináronnos como se di o nome deses animais en lingua de signos. Gorila, crocodilo, tiburón, pingüino....
Para rematar recibimos das mans de Alejandro un agasallo para a biblioteca do cole, un conto moi divertido no que descrubrimos o que pasaría se un tiburón saira da auga e decidira facer cousas coma as que facemos nós, ir ao cole, ir ao dentista ou a unha barbacoa.
Foi xenial compartir con Carol e Alejandro un tempo na escola. Encantounos!!!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario