O 24 de febreiro é un día especial, o día de Rosalía!! Grazas ao equipo de dinamización lingüística do noso cole, os trasnos descubrimos a Rosalía de Castro e argallamos unha actividade especial para festexar o seu día...
Todo comezou cun papel cheo de letras... un poema!!! Logo de ler o poema descubrimos a súa autora Rosalía de Castro.
Falamos sobre Rosalía e descubrimos que naceu un 24 de febreiro hai moitos moitos anos, para homenaxear a esta grande autora, cada ano celébrase o día de Rosalía na data do seu aniversario!!!
O poema de Rosalía gustounos moito, comezamos a recitalo con xestos e decidimos convertelo nunha canción....
Coa axuda da tablet seleccionamos uns ritmos con moita marchiña e cando tivemos a música lista, os trasniños e as trasniñas gravaron as súas voces recitando o poema.
Coa canción rematada, fixemos murais coa foto de Rosalía, colocámolos no patio de Papirus, puxemos as nosas gorras de rapeiras e rapeiros e xuntámonos todas e todos para cantar e bailar.
Con todo iso fixemos un traballiño que ten por título Rosaliando, é o noso agasallo para Rosalía no seu aniversario!!
Rapeades con nós???

Ningún comentario:
Publicar un comentario