17 de decembro de 2021

A nosa árbore de nadal!!!

Cando o Nadal chegou ás aulas dos trasniños e das trasniñas e comezamos a adornar as nosas clases......decatámonos de que tiñamos un gran problema....

"profe non temos árbore"

O profe David xuntouse con trasn@s e pensaron que a mellor idea era facer a nosa propia árbore de Nadal!!!

O profe David, converteuse no noso capitán e pensou e deseñou a árbore usando materias de refugallo.....e sorprendeunos unha mañá cun cilindro de cartón e unha morea de círculos de cartón de distintos tamaños.


Pedímoslle axuda a Ramón, o noso conserxe preferido, para que nos puxera unha base de madeira no noso cilindro que lle dera estabilidade á nosa árbore. Co cilindro ben anclado na base..... comezamos a traballar.....

Pintamos os círculos de cartón con témpera de cor verde....


Tamén pintamos o cilindro e a base para que se convertera no tronco da nosa árbore....



Fomos insertando os círculos no cilindro, tivemos que ordenamos de maior a menor, era moi difícil pero o fixemos xenial!!!!!


Cubrimos con grilandas verdes os cantos dos círculos....


Con cartón fixemos unha enorme estrela, e decidimos por votación a cor coa que íamos decorala, usamos tempera e moito brilli, brilli!!!


Colocamos a estrela no alto da árbore e puxemoslle luces de cores!!!


Quedamos abraiados co resultado!!!!
A nosa árbore é unha pasadaaaaaaa!!!!



 Misión cumplida!!!!

Que gran traballo en equipo!!

Grazas profe David, agora sí temos árbore de Nadal e ademáis é chulísima!!!!

Ningún comentario: