20 de decembro de 2021

O Nadal dos trasnos

Nestas últimas semanas os trasniños e as trasniñas traballamos arreo para conseguir que a maxia do Nadal enchera as nosas aulas. 

O primeiro que fixemos foi converternos en trasniños e trasniñas de nadal, collemos as nosas fotos, xuntámolas ao corpo que máis nos gustou e puxémonos un sombreiro.




Logo pegamos na parede e na cortiza todos os trasniños e trasniñas de nadal!!!

Coa maxia do Nadal nas nosas mans de trasnos, decoramos as aulas con globos, banderíns, imaxes de Papá Noel e os Reis Magos.... e tamén fixemos unhas árbores de nadal para pendurar na aula... pintámolas con témpera en barra e logo de recortalas ou picalas puxémoslle unha estrela no alto e dentro moitos, moitos brillis brillis, coa técnica da pesca que tanto nos gusta....







Utilizando o cartón do papel hixiénico fixemos a un dos nosos personaxes preferidos do Nadal, o reno Rodolfo!!

Pintamos os tubos de cartón con témpera marrón.....



E logo puxémoslle: dous cornos que fixemos con limpapipas, dous ollos de pegatina, dúas orellas brillantes e unha fermosa nariz vermella!!!





Utilizamos os Rodolfos que fixemos para adornar a nosa árbore de nadal!!!




Pero á nosa árbore, a árbore que fixemos co profe David, faltábanlle as bolas.... así que.... decicimos facer unhas de cartolina vermella...

Na parte traseira puxemos a nosa mensaxe de Nadal, para construirla tivemos que atopar entre unha morea de pratos as dúas palabras que precisábamos.... sabíamos que tiñamos que coller unha palabra curta "BO" e unha palabra longa "NADAL"



Na parte dianteira da bola puxemos 5 pegatinas e unha chea de brillis brillis....


Por último fixemos un buraquiño co taladro de estrela, escollemos un cordel dourado ou prateado, pasámolo polo burato e... penduramos a bola na nosa árbore...







Agora xa temos as aulas super decoradas para a gran festa de Nadal!!!!
Será un día moi moi especial!!!!!

Ningún comentario: