Hoxe tivemos visita no cole!!!! Os chicos e as chicas da Asociación Juan XXIII achegáronse ás nosas aulas para agasallarnos cunha chea de maxia de nadal!!!
O primeiro que fixemos foi preparar a nosa aula para recibir aos convidados.... movemos cadeiras e mesas e creamos un gran espazo para compartir
Logo fomos un anaco a xogar ao ximnasio mentres os actores e as actrices preparaban todo o que necesitaban para o espetáculo.
Cando todo estivo listo viñeron a avisarnos e entramos na aula....
a clase estaba escura, e sobre unha gran mesa había un teatro de sombras!!!!
Sentamos e preparámonos para a representación da historia de Rodolfo, un reno que era diferente ao resto....
Co conto descubrimos que, grazas as capacidades especiais de Rodolfo, Papá Noel foi quen de chegar ás casas dos nenos e nenas cos seus agasallos, xa que no medio unha gran nevarada a nariz brillante de Rodolfo alumeou o camiño....
Ademáis de agasallarnos co conto, os chicos e as chicas de Juan XXIII trouxeron para nós unhas narices vermellas como a de Rodolfo, puxemos as nosas narices e todas e todos xuntos cantamos a súa canción.....





Ningún comentario:
Publicar un comentario