Precisamos que cada trasniño elabore a súa pizza favorita porque despois terá que ir comendo as porcións ata zampar a pizza enteira.
Atención!!!
1º Debuxamos varios círculos divididos en dez porcións cada un.
2º Pedímoslles aos trasnos que conten cantos anacos de pizza temos (10)
3º Agora que pensen cantos anacos de esos 10 queren comer
4º e que coloreen o número escollido.
5º Agora teñen que contar cantos trozos de pizza non están coloreados, é decir, cantos nos faltan por comer para rematar a pizza (e con ela os dez anacos que cortamos ao principio)
Cando xa temos a nosa pizza como as do modelo e somos quen de dicir cántos trozos había na pizza, cantos comimos e cantos faltan por comer, trasladaremos os datos ao papel como podedes ver no exemplo.
Podemos probar todas as opcións posibles....
Estamos impacientes esperando ver as vosas pizzas e o voso dominio da decena.
Comezan a chegar as primeiras pizzas, deliciosas trasniños!!!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario