Nesta misión traballamos a conciencia silábica, a lectoescritura e a orientación espacial. Ademáis da asociación de maiúscula - minúscula e a conciencia fonolóxica identificando os fonemas que compoñen cada unha das palabras.
O primeiro que temos que facer é un cadro, con líneas ao chou, coma os que os mostramos no exemplo ou coma eses tan chulis que fixeron as nosas e os nosos artístas matemáticos fai uns días.
Despois temos que escribirlle, aos trasniños, EN MAIÚSCULA 3 ou 4 palabras asociadas a unha cor diferente cada unha (intentade que non coincidan moitas letras nas diferentes palabras).No noso cadro colocaremos as letras que forman esas palabras, pero atención, as escribiremos EN MINÚSCULA.
Cada trasniñ@a ten que ler a palabra e a cor coa que pintara cada un dos recunchiños do cadro no que apareza calqueira das letras que forman esa palabra. (en CASA - VERMELLO pintaremos de vermello todos recunchiños do cadro que teñan as letras c,a e s ).
Ánimo!!!! sodes uns trasniños e trasniñas moi especiáis. Esperamos os vosos cadros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario