2 de xuño de 2020

As gráficas do tempo

Hoxe imos  formular preguntas a partir dos datos recollidos e organizados polos trasnos ao longo deste mes de Maio. As estadísticas e as gráficas son ferramentas moi presentes na nosa vida cotiá e iniciarse no seu descubrimento permítenos  traballar dun xeito significativo e real.

Con esta actividade asentaremos o reconto, a cuantificación numérica de coleccións (moitos/poucos), a comparación cuantitativa, as realacións de igualdade e desigualdade (máis días de sol, igual de nublados que ....) o uso de cardináis (1º sol, 2ºnubes...), a serie numérica e a súa grafía e a observación e toma de conciencia do valor funcional dos números e a súa utilidade na vida cotiá.

Estamos listos? Pois collede o voso calendario do mes do Maio cuberto, imaxino que quedaría algo similar ao noso, aínda que os datos poden variar en función da hora na que cada trasniño debuxase o tempo.

Agora toca o momento do reconto, queremos saber cantos días fixo sol, cantos sol e nubes, cantos sólo nubes e cantos choveu. Así que imos contar  cantos debuxos temos de cada un e o apuntamos.







Una vez que temos os días que fixo de cada tipo, ímolo debuxar en dous gráficas, que son as que nos permitirán observar os datos visual e rápidamente e sacar as nosas propias conclusións.

A primeira gráfica ten unha casilla por cada día de sol, nubes.... (podemos debuxar 31 casillas e que coloreen TANTAS COMO días fixo ou que debuxen soamente o número exacto de casillas (21 días de sol =21 casillas).

Na segunda parte, faremos unha gráfica con sectores circulares, na que nun círculo dividido en 31 sectores (tantos como días ten o mes de Maio) colorearemos TANTOS quesitos COMO días fixo de sol, de chuvia, nublado.....



Coas nosas gráficas listas do calendario xa podemos analizar os resultados do tempo atmosférico do mes de Maio.

- Cantos días fixo sol, e nubes, e nubes con sol e choiva?
- Fixo moitos días de sol ou poucos?
- Cal foi o tempo que máis se repetiu no mes de Maio? é ... por qué o sabes?
- Cál foi o segundo que máis se repetiu?
- Que acontece se sumamos todos os quesitos?
- Que pasaría se sumamos sol con nubes, nubes e chuvia, gañaríamos aos días de sol?


Que tal quedaron as vosas gráficas? Enviádenolas ao email para poder compartilas con todos e todas. Alguén se anima a facer o mesmo co mes de xuño?

Mirade que chulada de gráficas chegan dende as casiñas dos trasnos!!!!

Ningún comentario: