14 de maio de 2020

XOGAMOS ÁS CARTAS COS AMIGOS DO SEIS


Recordades a nosa misión dos números? recordades como intentábamos buscar de cantas maneiras podíamos agrupar aos amigos do 7? Pois hoxe imos averiguar de cantas maneiras distintas podemos formar o número 6 e imos aprendelo xogando as cartas!!! co reto de hoxe traballaremos a descomposición dos números e a suma. 

Precisamos dous xogadores e unha baralla de cartas, serve a baralla española, calquera baralla que teñades de debuxos ou se non temos podemos crear unha facendo as nosas propias cartas con anaquiños de papel. 

Cada xogador escolle un pau da baralla e colle as cartas dos números do 1 ao 6 e outra carta calquera á que lle daremos a volta e será o cero. No medio podemos deixar unha carta doutro pau do número que estamos descompoñendo por se precisamos contar cantos nos faltan para chegar a seis.

Votaremos a sortes quen comeza a xogar, faremos pedra, papel, tesoira e o que gañe será o xogador 1.


 O xogador 1 colle unha das súas cartas e a coloca no medio da mesa; o xogador 2, ten que averiguar que carta das súas ten que poñer para formar o número seis entre as dúas cartas. Cando o consiga é a súa quenda, escollerá unha das súas cartas e o xogador 1 será quen intente buscar cal é o amigo que lle falta a esa carta para formar 6.




Animadesvos a xogar as cartas cos amigos do seis??

Se vos gusta o xogo podedes facelo con outros números da baralla, canto máis alto sexa o número elexido máis difícil é a actividade.

Cando fagades a decomposión do número 6 podedes xogar ao mesmo xogo con todos os números que queirades, ánimo trasniños, a xogar ás cartas!!! Non esquezades enviar as vosas fotos.


Xa chegan as primeiras fotos xogando ás cartas!!!! Noraboa!!!

Ningún comentario: