15 de maio de 2020

Cadrado máxico suma 15

Traniños e trasniñas hoxe traemos un reto moito máis difícil, de nenos e nenas de primeiro!!!!! é un cadrado máxico no que a suma dos números en calquera das liñas : horizontal, vertical e diagonal suma 15. 
Hai que usar os números do 1 ao 9 pero ATENCIÓN non se pode repetir ningún número; temos que completar os cadrados baleiros cos números que faltan, atrevédesvos???? 


Para poder resolver os cadrados, escribimos os números do 1 os 9 e tachamos desa lista de  9 números, aqueles que xa aparecen no noso cadrado (posto que recordade que os números non se poden repetir). Os números que non están tachados serán os que debemos colocar nas casillas baleiras. A continuación collemos 15 obxectos, os colocamos ao lado da fila ou columna coa que vaiamos a comezar e retiramos tantos obxectos como indican os números da fila ou columna. Contamos os obxectos que quedan, comprobamos se temos ese número sen tachar e comprobamos que sumando os tres cadrados obtemos o número 15. 

Ánimo valentes!!! 

Comezan a chegar os primeiros cadrados máxicos, noraboa chicos e chicas!!
 

Ningún comentario: