13 de maio de 2020

ENCRUCILLADA DE CONTOS

Hoxe traémosvos unha misión coa que traballaremos a conciencia fonolóxica, a lectoescritura e a orientación espacial, A encrucillada de contos...

O primeiro que temos que facer é coller papel e lápiz e facer unha encrucillada coma a que vos mostramos.

Agora moi atent@s, temos que averiguar que letra vai en cada casilla, para iso, lede as definicións de cada número e cando saibades a resposta colocádea na súa celda correspondente. Trasniñ@s prestade moita atención para escribir todas as letras, se non a encrucillada non sairá.

Todos os contos están traballados no cole, serán os trasniñ@s quen de averiguar a resposta sen mirar a portada do conto?





Estamos desexando ver as vosas encrucilladas.

Ningún comentario: