Para conseguir o reto precisamos: lápiz, papel e 16 obxectos que servan para contar (pezas, garabanzos, animais...)
Preparados.... seguide as indicacións:
Pensa e escribe o nome dos 25 nenos e nenas da clase da profe María (sen apelidos nin abreviaturas). Procurade que pensen e escriban eles soíños (iso sí, é importante escribir ben o nome para poder seguir o xogo). Deixamos o listado completo abaixo, pero consultadeo só no caso de que non sexan quen de acordarse de todos os nomes.
Imos tachando os nomes que non corresponden coas pistas dadas:
Imos tachando os nomes que non corresponden coas pistas dadas:
1º - O noso trasniñ@ escondido ten tantas letras no seu nome como número de dedos temos no pé dereito. Tachamos todos os nomes que non teñan ese número de letras.
2º - Ten 1 letra repetida no seu nome. Tachamos os nomes que non teñan letras repetidas.
3º - É un nome trisílabo. Preparade as mans e damos palmadas para averiguar cales teñen tres sílabas e tachar o resto.
4º - Xa casi o conseguimos!!! collede os obxectos que preparamos e a sumar!!! As letras do noso trasniñ@ agochado suman 16.
Cómo o facemos? Cada letra ten asociado un número, "sumade as letras" e averiguade que é!

Fíxadevos no exemplo co nome de CRIS!!!
Cómo o facemos? Cada letra ten asociado un número, "sumade as letras" e averiguade que é!

Fíxadevos no exemplo co nome de CRIS!!!
Agora atopamos ao trasniñ@ agochado da clase da profe Cris, ao igual que antes, tacharemos os nomes que non sigan as pistas, ata quedarnos soamente con un:
Pensa e escribe o nome dos 25 nenos e nenas da clase da profe Cris (sen apelidos nin abreviaturas). Igual que antes procurade que pensen e escriban eles soíños.
1º - O noso trasniñ@ escondido ten tantas letras no seu nome como o número de letras que ten a localidade onde está o noso cole. Tachamos todos os nomes que non teñan ese número de letras.
2º - É un nome bisílabo. Preparade as mans e damos palmadas para averiguar cales teñen dúas sílabas e tachamos o resto.
3º - Soamente ten unha A no seu nome. Tachamos os nomes que non teñen a letra A ou que teñen máis de unha.
4º - Non ten a primeira letra de LUNS
4º - Non ten a primeira letra de LUNS
OS TRASNOS DA CLASE DA PROFE MARÍA SON:
ALEJANDRO, ALEXANDRA, ANA, ANTÓN, ASHLEY, BOSCO, CELIA, COSME, DIEGO, HUGO, HUGO,
IRENE, IRLANDA, ISAAC, JULIA, JULIA, LAURA, LÍA, MAR, MARÍA, MARIÑA, MAURO, NOA, SARA
XABIER
OS TRASNOS DA CLASE DA PROFE CRIS SON:
ABEL, ADRIÁN, ALBA, ALEXIS, ANTÍA, DANIEL, ENZO, ERIKA, JUAN, LAIA, LOLA, LUCA, LUCA, MARIO, MARTíN, MARTINA, MATILDA, NAARA, PAULA, ROI, ROI, SIMÓN, UNAI, VERA, YERAI
SE XA SABEDES A RESPOSTA COMPROBÁDEO PREMENDO EN PAPIRUS
Bo traballo campións e campionas!!! atopastedes aos trasniños agochados!!!



Ningún comentario:
Publicar un comentario