30 de abril de 2020

COMEZA O MES DE MAIO

Mañá comeza o mes de Maio así que imos crear o noso calendario. Con esta actividade reforzamos: os numerais de un e dous díxitos e a súa grafía, o conteo, os días da semana, e a representación de gráficas.

O primeiro que faremos será axudarlles a facer as cuadrículas.

Despois eles teñen que  escribir  os 7 días da semana e os números do 1 ata o 31.

Por suposto se queredes podedes debuxar ou escribir actividades que acontezan este mes, un aniversario...

Cada día riscaremos o día no que estamos, para iso observamos o calendario con eles e damos resposta as seguientes preguntas:

- Hoxe é ......venres
- Onte foi ......xoves
- Mañá será...sábado

Despois debuxaremos o tempo atmosférico: sol, nubes, nubes con sol ou choiva según o día que faga.

Non vos esquezades de anotar todos os días e ter o voso calendario cuberto para facer as gráficas ao rematar o mes.
Ánimo trasniñ@s xa queda menos para vernos!!!




Ningún comentario: