O primeiro que temos que facer é debuxar as seguintes composicións ou crealas con tapóns ou obxectos que teñades na casa.
Agora temos que averiguar a resposta correcta para as seguintes preguntas, estades listos, veña...... a ver si somos quen de atopar a composición á que se refiren e somos quen de facelo rapidísimo!!!!!
1-Os poucos círculos que hai son verdes
2- Só un dos círculos é verde
3- A maioría dos círculos son azuis
4- Hai máis círculos morados que azuis
5- Hai poucos círculos verdes
6- Hai tantos círculos vermellos como verdes
7- A maioría dos círculos son verdes
8- Todos os círculos son vermellos
9- Hai algún círculo vermello, morado e ningún vede
10- Hai menos círculos vermellos que verdes
11- Hai máis círculos vermellos que verdes
12- Hai tantos círculos verdes como morados
Cando rematedes serán os trasnos os que fagan distintas composicións cos obxectos, inventen as preguntas e os irmáns, papis, mamis ou avós os que deberán acertar a cal de todas se refiren (por exemplo, ten 4 verdes e ningunha azul).
Noraboa trasniños e trasniñas!!!
Sodes uns campións e campionas!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario