22 de abril de 2020

Concurso escolar "Cuidamos el Medio Ambiente"


Trasniños e trasniñas, hoxe traemos unha proposta para contribuir ao coidado do medio ambiente reciclando materiais que teñades na casa. O reto consiste en crear e reproducir o espazo no que tantos e tantos días levamos confinados "a nosa casa", para iso podemos empregar todo tipo de materiais que teñades na casa: caixas de zapatos, de cereais, de galletas, rollos de papel hixiénico, calcetíns vellos, trozos de tea, tapóns... e todas aquelas cousiñas que se vos ocorran. 
Cando teñades a vosa casa podedes crear as personaxes que queredes que vivan dentro. Facédelle unha foto a vosa creacción e enviádea a infantilapedra4anos@gmail.com.
Con todos vosos traballos, faremos unha montaxe para participar no concurso "Cuidamos el Medio Ambiente" de uhu. Se clicades na imaxe accederedes ás bases e a súa páxina web.

Ánimo familias, queremos desfrutar coa vosa creatividade, sabemos que hai verdadeiros artistas, podedes ir creando pouco a pouco as vosas obras de arte xa que o prazo para envialas non remata ata o 30 de maio.





Ningún comentario: