Co reto de hoxe traballaremos a conciencia fonoloxica e silábica para favorecer o desenvolvemento da lectoescritura
Comezamos.....
Collemos papel e lápiz e escribimos o nome das persoas da nosa familia. A continuación temos que averiguar cantas sílabas ten cada un desdes nomes. Cómo? eles xa saben como facelo, damos tantas palmadas como sílabas ten o nome, e despois poñemos ao lado do nome tantas raias como sílabas ten. Podemos lembrar que cando a palabra ten unha sílaba é monosílaba, con dúas bisílaba e con tres trisílaba, as que teñen máis que tres chámanse polisílabas.
A segunda actividade de hoxe consiste en xogar á ruleta das sílabas!!
Para iso temos que constuir a nosa ruleta en papel, podedes facer a base usando un prato ou.... reutilizar a base da nosa pizza deliciosa!!
Cando teñamos o círculo feito temos que dividilo en 12 porcións e logo facer outro círculo máis pequeno no centro para meter os números do 1 ao 12.

Cando teñamos a ruleta lista comezaremos a construír as palabras que vos marcamos á dereita, temos que coller as sílabas que nos indican cada un dos números por exemplo na primeira palabra temos que buscar a sílaba do número 1 "CA" e a sílaba que está no número 4 "MA" e formar coas dúas sílabas a palabra, neste caso sería CAMA.
Podemos escribir as palabras que atopemos con letras de maiores, ou con letras maiúsculas.
Cando completemos a actividade, deberemos inventar unha frase con cada palabra, no caso do exemplo podería ser. Vou ler un conto tumbada na cama.
Ademais das palabras que vos indicamos, a ruleta esconde alguna palabra máis... seredes quen de atopalas???

Podedes enviarnos as vosas frases coas palabras que saquedes da ruleta, escritas nun papel, debuxadas, gravadas en vídeo ou en audio....
Bicos transiñas e trasniños!
Xa temos algunhas ruletas das sílabas, fantástico traballo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario