23 de abril de 2020

Fábrica de contos

Hoxe 23 de abril é o día do libro e para celebralo propoñémosvos poñer en marcha a maquinaria da nosa fábrica de contos, unha misión coa que refrozaremos a expresión oral e escrita, o traballo plástico e potenciaremos a imaxinación e a creatividade; comezamos!

A fábrica de contos Trasnos a Pedra ten que retomar a súa actividade, e hoxe dende as vosas casas os trasniños e as trasniñas tendes que.... inventar un conto!!

Imos a crear a historia xogando, faremos un conto no que o azar terá un gran protagonismo.

INSTRUCCIÓNS:

1º temos que crear 3 dados ou 3 grupos de tarxetas dos que vai a salir a nosa historia.




Se queredes facer dados podedes tomar como exemplo a imaxe que vos deixamos para debuxar o vosos dados nun folio, e logo recortalo.

Tamén podedes facer tarxetas, para iso usaremos papel, cartón, cartolina... que cortaremos con forma de cadrados ou rectángulos.


2º Debuxar ou escribir as personaxes, lugares e obxectos protagonistas do noso conto seguindo a seguinte táboa:



3º Dobrar e pegar os dados polas liñas e..... a fábrica está lista para crear o conto...

4º Tirar os dados ou ben sacar unha tarxeta de cada categoría ao chou, e en función do personaxe o lugar e o obxecto que nos tocou, inventar e contar...

(por exemplo.....Fai moito moito tempo 50 trasniños e trasniños foron ao castelo de Soutomaior, un lugar moi misterioso onde toparon unha variña máxica.....)








5º Cando teñades a vosa historia inventada tendes que escribila nunha folla, debuxala, gravala en audio, en vídeo ou calquera outro xeito que se vos ocorra para plasmar o voso conto.

Lembrade que na historia ten que aparecer, como mínimo a personaxe, o lugar e o obxecto que nos tocou no dado ou nas tarxetas.

Queremos ver os contos de todas e todos os trasniños, esperamos as vosas creacións no email: infantilapedra4anos@gmail.com

O día do libro é unha das celebracións preferidas do noso benquerido Papirus que, dende o seu bibliocastelo nos propón que festexemos con el mandándolle unha foto lendo no noso recanto favorito da casa... tendes máis información premendo na seguinte imaxe creada polo noso ilustrador favorito Marc Taeger:





Da fábrica de contos dos trasnos en casa chegan as primeiras creacións, ollade que marabilla!!!
Moi ben chicos e chicas!!!

Ningún comentario: