Hoxe temos unha nova proposta para todos e todas. Plantar unha lentella reutilizando un envase de iogur. Deste xeito coñeceremos o proceso de xerminación dunha semente, traballaremos a motricidade fina e avanzaremos nas actitudes e coidados responsables cara o coidado de plantas.
Precisamos:
- Un envase de iogur baleiro e limpo (quedará moi chulo se o decoramos por fóra)
- Algodón
- Auga
- Lentellas
Pasos a seguir:
1. Humedecemos ben o cachiño de algodón con auga
2. Con coidado poñemos tres ou catro lentellas no interior do algodón
3. Colocamos o algodón coas lentellas dentro do vaso do iogur
4. Agora colocaremos o envase nunha zona onde reciba moita luz pero non de maneira directa
5. Regaremos dun xeito periódico, para manter as condicións óptimas de humidade
6. Nuns días veremos como comeza a brotar a nosa planta
Cando as legumes vaian xerminando podedes enviarnos as fotos para ver como cos vosos coidados van medrando as plantas!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario