poñémonos en contacto con vos para solicitar a vosa axuda!!!
Ollade o seguinte video que nos chega dende a galaxia exterior....
Os números precisan a nosa axuda para encontrar a súa casa e poder protexerse así do malvado virus, se queredes axudarlos tendes que debuxar o gran edificio e colocar cada número na súa casa.
Esta é una misión que deberedes realizar en familia, podedes pedir axuda a quen queirades pero é moi importante que traballedes en equipo.
O que temos que facer é debuxar nun papel o gran edificio, que ten que conter 100 casas no seu interior, unha para cada número. Trátase de debuxar unha cuadrícula, o edificio dos número ten que ter 10 pisos, e en cada piso ten que haber 10 casas.
Aconsellámosvos que non debuxedes as casas moi pequenas porque unha vez que as teñamos feitas colocaremos dentro de cada unha o número que vive nela.
Cando teñamos o edificio debuxado coas 100 casas, é o momento de ir colocando os números, lembrade que entran primeiro en orde os números do 1 ao nove, e logo, os demáis!!!
Non podemos encher todo o edificio o mesmo día, son moitos números e habería atasco no ascensor!!
Colocaremos uns pouquiños números cada día para chegar ao vindeiro luns co noso edificio completado!
Unha vez que teñades todos os números dentro das súas casas e a salvo do virus, deixade a bo recaudo o voso papel co edificio do 100 porque o precisaremos para a seguinte misión... pero iso será o vindeiro luns!!
Ánimo trasniñas e trasniños, conseguirémolo!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario