Deixámosvos algunhas suxerencias e recomendacións....
1- Facer un diario.
Somentes precisades papel, lápices, bolis e pinturas. No voso diario podedes escribir ou debuxar as cousas que facedes cada día. Se vos animades a facer o voso diario, podedes traelo ao cole cando voltemos as aulas para compartilo con todas e todos!!!
2- Escoitar a nosa playlist
Unha lista de reproducción que creamos todos e todas na escola e na que incluimos as músicas que máis nos gustan, con elas podedes cantar e bailar en familia!
3- Cociñar
Propoñemosvos que busquedes unha receita de cociña que vos apeteza probar o portal da lingua nos ofrece algunhas deliciosas propostas, se queredes velas premede na imaxe...
Cando o teñades decidido, deberedes escribir a receita, collede papel e lápiz e anotade os INGREDIENTES coas súas correspondentes cantidades e doutra banda a PREPARACIÓN onde deberedes numerar os pasos a seguir para preparar a receita.
4- Xogos de cartas
Se tendes unha baralla na casa podemos pasalo en grande á vez que traballamos contidos matemáticos. No cole encántanos xogar a...
- O unillo: repartimos sete cartas a cada xogador e colocamos as restantes no mazo. Por quendas imos colocando cartas na mesa co obxectivo de construir a serie numérica ascendente de cada un dos catro palos la baralla comezando polo número 1. Cando un xogador non ten na man ninguna carta para poder colocar na mesa ten que dicir paso, e coller unha carta do mazo. O obxectivo do xogo e poder colocar na mesa todas as nosas cartas.
- O cinquillo: repartimos sete cartas a cada xogador e colocamos as restantes no mazo. Por quendas imos colocando cartas na mesa co obxectivo de construir a serie numérica ascendente e descendente de cada un dos catro palos la baralla; desta volta o número de inicio é o 5. Cando un xogador non ten na man ninguna carta para poder colocar na mesa ten que dicir paso, e coller unha carta do mazo. O obxectivo do xogo e colocar todas as nosas cartas.
- O burro: retiramos un número 11 do mazo e repartimos todas as cartas da baralla; descartamos as parellas que teñamos na nosa man, dúas cartas do mesmo número fan parella e poden marchar.... Logo por quendas imos collendo unha carta do compañeiro/a que teñemos á esqueda co obxectivo de poder seguir facendo parellas e cumprir co obxectivo de quedar sen cartas na man.
5- Pasatempos
As sopas de letras, os xogos de atopar as diferenzas, os escrucillados, os sudokus.. axúdannos a favorecer a atención e con eles traballamos a lóxico matemática e a lectoescritura... a seguinte imaxe levaravos a un arquivo onde se inclúen varios exemplos de actividades.
Así mesmo animámosvos a que creedes os vosos propios pasatempos por exemplo un sudoku con legumes, un encrucillado cos nomes dos membros da familia....
Se queredes compartir con todos e todas os trasnos as vosas actividades e creacións podedes envialas ao noso email infantilapedra4anos@gmail.com , no que estaremos as profes para atender todas as vosas dúbidas e inquedanzas.
Moito ánimo para todas as familias!!!
Se queredes compartir con todos e todas os trasnos as vosas actividades e creacións podedes envialas ao noso email infantilapedra4anos@gmail.com , no que estaremos as profes para atender todas as vosas dúbidas e inquedanzas.
Moito ánimo para todas as familias!!!


3 comentarios:
Grazas profes!
Graciass...💜
Moitas gracias! 💖
Publicar un comentario