20 de febreiro de 2019

Hugo Iglesias é o protagonista!!

Esta semana na aula da profe María o protagonista foi Hugo Iglesias que ademais de cumprir coas súas responsabilidades de prota quixo convidar á escola a súa mami Laura e ao seu papi, Diego.

Hugo e a súa familia escolleron para a súa actividade especial no cole dúas das cousas que máis lle gustan a Hugo: os dinosaurios e os experimentos e xuntáronnas dun xeito marabilloso!!!

Todas e todos sabemos que ao noso amigo Hugo encántalle os dinosaurios e coa axuda dos seus papis Hugo falounos dunha das teorías sobre a extinción destes incríbles seres: as erupcións volcánicas!!!


Quedamos abraiad@s ao descubrir que trouxeran á escola un volcán feito con plastilina e cando nos contaron que por medio de un experimento o científico Hugo ía simular para nós unha erupción volcánica. Puxo os guantes e as gafas de científico e mesturou os ingredientes ata que... la lava do volcán comezou a saír... Que chulada!!!!

Logo Hugo Diego e Laura repartiron para nós uns vasos de plástico transparente nos que puxemos o noso nome, enchémolos de auga e... metemos dentro un ovo de dinosaurio!!! Si, sí un ovo de dinosaurio que ao somerxelo na auga do vaso se iría desfacendo ata descubrir o dinosaurio bebé que levaba dentro!!

Foi xenial observar durante un día enteiro como se ían desfacendo os ovos e iamos adiviñando que especie de dinosaurio de atopaba dentro de cada ovo!!!

Foi unha actividade chulísima, pasámolo xenial!!!



Ningún comentario: