O noso benquerido Papirus e o protagonista desta historia na que se atopa con sete trasniños que lle contan que é iso dos dereitos fundamentais.
O conto de Papirus e os sete trasniños gustounos tanto nas aulas que, decidimos convertelo nunha película e durante semanas traballamos arreo para conseguilo. Metemos as imaxes no ordenador e démoslle movemento pero... non falaban de modo que.. decidimos que o mellor era poñer as nosas voces na película e así foi como nos iniciamos na técnica da dobraxe prestándolle a nosa voz aos personaxes da historia
E pouquiño a pouco a nosa peli foi collendo forma ata que...... chegou o gran día da estrea!!!
Falamos sobre que nos apetecía facer para estrear a peli e todos e todas coincidimos... UNHA FESTA!!
De modo que preparámonos para a festa de estrea. Fixemos unha lista da compra coas cousiñas que queriamos de merendar e convertemos unha aula nunha sala de cinema, para iso tivemos que mover cadeiras e mesas pero... somos un gran equipo!!!
Coas butacas preparadas preparamos no fondo da aula a merendola....
Cando todo estivo listo os artistas e as artistas fixeron a súa entrada triunfal na sala para poder asistir á estrea da súa obra!
Ocuparon as súas localidades, apagamos as luces e comezou a proxección!!!
A estrea foi todo un éxito!! e logo da proxección festexamos todas e todos o gran traballo con merendola e baile!!
Queredes ver a nosa peli?? pois luces, cámara, acción!!!














3 comentarios:
Precioso!!! Digno de presentar no Fic!!!
Encántame, e a mensaxe final o mellor!!
IMPRESIONANTE! Estou realmente abraiado, non teño palabras para expresar todo o que sentín vendo esta fermosísima e tenra película, na que eu son o protagonista. Sodes uns artistas! Que forma tan bonita e creativa de traballar os dereitos humanos! Noraboa! Estou tan orgulloso de vós...!
Biquiños,
Papirus
Publicar un comentario