27 de febreiro de 2019

Vou nun Bou na Pedra

A comparsa Vou nun Bou estivo con nós no cole para  comezar por todo o alto este entroido 2019.
Chegaron ao cole tocando e cantando unhas cancións que Bosco e Antón coñecen ben. Estiveron na aula da profe María para falar un poquiño das comparsas e deleitarnos coas suas creacións musicais.



VOU NUN BOU trouxo una turuta para cada un de nós, ensináronnos como tiñamos que colocar os beizos para que saise son daquela turuta, foi moi divertido. Ademáis fixeron con todo o cariño do mundo maracas para todos e todas os nenos e nenas da clase da profe María e tamén da profe Cris.


Vou nun Bou axudounos a aprender a cantiga que o venres cantaremos na praza do concello "Súbeme a bilirrubina" acompañada polas nosas turutas e maracas.

Como a festa era tan divertida quixemos convidar aos nosos compañeiros e compañeiras do cole e saímos todos ao patio para desfrutar e comezar o entroido por todo o alto.

  Grazas a Víctor, a J e a todos os componentes de VOU NUN BOU por todo. E xa sabedes familias, este entroido poderémolos ver polas rúas de Bueu e desfrutar coas suas cancións.



Se queredes saber máis podedes visitar a páxina web de VOU NUN BOU, onde atoparedes as imaxes de entroidos anteriores e as suas cantigas para descargar.





Ningún comentario: