20 de decembro de 2018
Aniversarios Decembro
Xa non queda nada para rematar este primeiro trimestre e con el, este ano 2018 no que tantas aventuras vivimos xuntos. Hoxe festexamos os aniversarios dos trasnos máis novos, os que cumplen anos no mes de decembro; Luca, Abel e Dani decoraron a sua coroa cos seus amigos e amigas, prepararon e decoraron a aula, escolleron os globos que máis lles gustaban, puxeron as candeas no biscoito e...... sopraron ata apagar as catro candeas. Tomamos o biscoito, bailamos, cantamos e pasámolo fenomenal; botamos de menos ao noso amigo Antón, que tamén cumple anos durante as vacacións de Nadal, pero que hoxe estaba pachucho e non puido vir ao cole a soprar as candeas; aínda así quixo convidarnos a un biscoito polo seu aniversario. Grazas Antón, á volta festexaremos que xa cumpliches 4 anos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)



Ningún comentario:
Publicar un comentario