O primeiro que fixemos foi decorar as aulas e o cole, e para decorar a nosa árbore de nadal decidimos facer uns adornos moi especiais para os que usamos dous tipos de pasta de cores.. mirade....
Recreamos entre todas e todos na corticeira da aula a casa dos trasnos no nadal unha árbore con moitos adornos, tres agasallos debaixo da árbore, unha guirnalda de luces seguindo unha serie.... Ao tempo que íamos creando a casa no mural fixémolo tamén individualmente nunha cartolina na que fomos traballando os distintos contidos de esta secuencia didáctica.
Quedounos ben chula!!!
Cunhas cartolinas negras e moita neve fixemos unhas postais de nadal que chegaran por correo postal as nosas casas; levan dentro os nosos mellores desexos e algo de maxia....
E hoxe despedimos o trimestre cunha xornada moi especial marcada pola visita dos Reis Magos que grazas á ANPA, encheron de ilusión o noso último día nas aulas.
Desexámosvos a todos e a todas que teñades o mellor nadal que poidades imaxinar!!
Vémonos de volta na escola o martes 8 de Xaneiro para comezar xuntos un 2019 cheo de novas aventuras!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario