Hoxe tivemos na escola unha visita moi especial, a media mañá o noso querido Ramón entrou na nosa aula pero.. non viña a traernos unha carta de Papirus, tampouco viña a arraxarnos algo estropeado, nin nos traía as castañas asadas... hoxe Ramón viña a facer maxia para nós porque sí, sí sí.... Ramón é Mago!!!!
Que ben o pasamos facendo de axudantes de Ramón... sopramos para facer desparecer e aparecer unha moeda, e tamén un pano vermello que apareceu logo no chicho de Naara e no calcetín de Adrián!!!
Pasámolo xenial e como nos gustou tantísimo démoslle ao Mago Ramón un aplauso xigante!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario