Para comezar a súa semana especial na escola convidou á súa mami que se chamaViky ; entre os dous déronnos unha enorme sorpresa e fixéronnos pasar un rato fantástico!!!
Hugo xa nos anunciara que ía vir a súa mami pero que non nos podía dicir o que ían facer porque... era unha sorpresa..
Despois do patio sentamos todas e todos na asamblea para recibilos e encantounos a sorpresa, a mamá de Hugo converteuse en Uxía e Hugo no acordeonista da Banda Molona!!!
Viñan cos seus traxes e Hugo traía o seu acordeón!!!
Uxía Lambona e a banda molona é o grupo de música infantil preferido de Hugo e por iso quixeron vestirse coma eles para vir á escola a facer un concerto para nós!!!
Con eles cantamos e bailamos "A sinfonía de Uxía" e como o público tiña ganas de máis pedimos outra e puidemos cantar e bailar "Fame". Que ben o pasamos!!!!
Como Uxía e a súa banda son moi lambóns Hugo e Viky trouxeron unhas lambonadas para todas e todos!!

Moitísimas grazas familia, foi unha sorpresa xenial!!!!
Pasámolo fenomenal!!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario